sábado, 29 de agosto de 2015



 Un ano máis voltamos cos outonos gastronómicos os venres, sábados e domingos desde o 18 de setembro ao 18 de decembro ambos incluidos.

- O "paquete outono gastronomico" consiste en: habitacón dobre ou habitación de uso individual (unha noite) + almorzos (un día) + menús "outono gastronómico" (unha cea) cun prezo de 120€ para dúas persoas en habitación dobre e 80€ para unha persoa en habitación individual.

- A "fin de semana outono gastronomico" consiste en: habitación dobre ou habitación individual (dúas noite) + almorzos (dous días) + menús "outono gastronómico" (dúas ceas), cun prezo de 200€ para dúas persoas en habitación dobre  e 140€ para unha persoa en habitación de uso indivicual.

- A "fin de semana familiar 1 neno" consite en: habitación dobre con cama supletoria (dúas noites) + almorzos (dous días) + menús "outono gastronómico" (dúas ceas) + "menús infantís" (dúas ceas), cun prezo de 260€ para tres persoas (dous adultos e un neno). A "fin de semana familiar 2 nenos" serían 300€.

Existen 2 menús (a escoller) que constan dun entrante, un primeiro, un segundo,pan ,sobremesa, café e infusións e bebida. 


*Excluiranse as datas do 30 e 31 de outubro e 1 de novembro así como do 4 ao 6 de decembro.

Para reservar o paquete ou máis información contacte con nós.

viernes, 26 de junio de 2015

Bos dias

Por fin podemos volver a actualizar a páxina despois dunha "gran liorta" de 20 días entre compañías telefónicas escorrendo o bulto e pasándose a bola dunha a outra deixándonos todo ese tempo sen liña de teléfono e internet. Aquí vos deixamos algunhas novas.

sábado, 16 de mayo de 2015

Horta ecolóxica

A nosa horta ecolóxica vai collendo forma. Xa Empeza a dar os seus primeiros froitos... Ricas e frescas leitugas,...

Posted by Casa do Morcego on Miércoles, 13 de mayo de 2015